📽🎞 Esta noite, despois de #Casamos, vive o divorcio de Woody Allen e Diane Keaton en #AnnieHall, un clásico da comedia, na túa pantalla máis celestina 😉
🐗🧵Este mes faleceu Ángel Izquierdo, un pioneiro da animación en España. Entre os seus moitos traballos, foi o codirector de #OsVixilantesDoCamiño, a serie do Xabarín. Hoxe non podiamos menos que homenaxealo neste #Xabafío. Así que comezamos 👇https://t.co/WvXo7Ap52r
🎞 Esta fin de semana deixounos unha das voces máis emblemáticas da dobraxe galega. Facemos un pequeno repaso por algunhas destas populares frases que nos deron a coñecer a Antón Cancelas 💙
Agora mesmo en Canal Hollywood "El Fugitivo" con Tommy Lee Jones coa voz de Antón Cancelas. Que bonita casualidade para lle rendir unha pequena homenaxe. Nesa dobraxe tamén participaban Gustavo Pernas,Alfonso Valiño,Ramiro Taboada...
🐗🧵 Ei colegas! Hoxe imos falar dun neno falangueiro, descarado e algo larpeiro. Esperamos que non nos deixe a todos quedar mal… 😰 Este bulebule de #ShinChan vén enredar ao #Xabafío, así que movede ese #Cuíño que comezamos XA! 😍https://t.co/Kglx51ZBAQ
🐗🧵Ei colegas! Sabedes que día é hoxe? É #20N unha data moi especial. Unha data que temos que ter marcada no calendario, porque tal día coma hoxe, en 1984, comezou a publicarse o manga de #DragonBall. Unha escusa tan boa coma calquera outra para facer un #Xabafío sobre Songoku🐉
🗣️🎙️ Unha vez gravada a música, chamouse as voces para o coro porcino, e aí están as voces do propio @JulianSiniestro e de Manuel Manquiña. E as voces femininas son as de tres amigas, @SylviaSuperstar, @uxiamusica e @chirucantante 🤯https://t.co/LN0BioPYYa
Por cousas de direitos e distribuidoras, uma cançom de abertura de Dragon Ball Z que nunca tivo versom em galego. Bom, até agora, que o tradutor @manuelarcatrad e o ator de dobragem @GelosRosado decidírom solucioná-lo.
De verdade, vede esta maravilha. 😍
https://t.co/nFbAOo3swv