Publicación de Nova Escola Galega
✒️ Desde 1986
⏳ Cuadrimestral
🔊 Comprometida coa educación galega e en galego, pública, inclusiva, democrática e laica
"Referentes educativos que fían un tecido a través do que se pode comprender a paisaxe temporal, cultural e lingüística que nos configura colectivamente"
#MulleresImprescindibles na lectura de Uxía Bolaño para @RGE_gal#BibliotecaDePedagoxia#EnGalego
📚 https://t.co/4wF5XXw8HH
🗓️ O próximo xoves teremos dúas presentacións en Santiago de Compostela. Presentarase o último número sobre "#TEA e inclusión" na @UniversidadeUSC e tamén presentaremos o número 84 sobre Emerxencia Climática na @LibrariCouceiro!
Para rematar coa perspectiva do ensino regrado e porque os patios tamén son un lugar de aprendizaxe e convivencia, Gey Lagar fálanos sobre o seu programa "Programa patios y parques dinámicos®" (@PyPDinamicos)
https://t.co/WStUq56dsX
Daniel Blanco, mestre de #AudiciónELinguaxe no CEIP Apóstolo Santiago, trata no seu artigo titulado “Carta ás paredes do meu Departamento de Orientación” a importancia do traballo coordinado do/a orientador/a e de todo o Departamento de #Orientación
https://t.co/o3CIuwEF3G
Pasamos a outro bloque de artigos onde os que interveñen para ofrecer o seu punto de vista sobre o Trastorno do Espectro Autista (#TEA) son traballadores do ensino de distintos niveis educativos e distintos ámbitos👩🏫👨🏫
Rematando os artigos nos que as distintas asociacións deron o seu punto de vista sobre o #Autismo en Galicia, dende @Aspanaes poñennos un exemplo da análise e resolución dunha conduta empregando Apoio Condutual Positivo
https://t.co/C8QGf4D6Ay
“As dificultades de acceso aos recursos no eido rural” é o título do artigo da Asociación Paseniño (https://t.co/JBg9VBP7Au) onde se relata as experiencia que se produciron con persoas con TEA no eido rural dende 2011 a 2022.
https://t.co/Q0LYLQMayU
Continuamos analizando o número 85 sobre #TEA#Autismo ♾:
No terceiro artigo do monográfico a Asociación Bata (@autismobata) da man de Mario Trigo, fálanos do traballo realizado dende o ano 1989 así como dos seus principios reitores.
https://t.co/cpiMeNEKXH
No segundo artigo do monográfico María José Ferradáns, de @Apacaf2 trata sobre a evolución que que se ten que producir na sociedade para desterrar o estigma do capacitismo e así poder acadar unha plena inserción
https://t.co/mdTpCMIbiq
Desta forma, Cristina Couto da Federación Autismo Galicia (@autismogalicia) tratou no seu artigo o compromiso necesario por parte de toda a comunidade educativa para traballar co alumnado con #TEA.
https://t.co/z06BN0l1Bt
Para a realización deste monográfico pretendeuse ter en conta todas as perspectivas e tamén a opinión das asociacións que traballan con persoas autistas.
O dito monográfico está coordinado por Marcos Pinaque, docente e autor dunha tese doutoral sobre materiais para #TEA. Nos próximos días iremos desgranando os contidos do monográfico así como do resto de seccións da revista.
https://t.co/cKtKmsVQrK
A piques de chegar ás casas, xa podedes ver na web da RGE os contidos do número 85 da revista. Nesta ocasión o monográfico versa sobre o Trastorno do Espectro Autista
https://t.co/OH04kbeWCu