A @Depucoruna incumple o seu compromiso co Concello na mellora da vía provincial DP-0205 ao seu paso por Luou.
O alcalde amósase decepcionado e preocupado por esta situación.
https://t.co/V1tVmszAvU
Ollo! A @Depucoruna menospreza e fai caso omiso ao goberno teense @concellodeteo O presidente @ValentinFormoso NON recibe o alcalde @rafasisto e obvia os acordos tomados hai máis de un ano entrambas institucións sobre a perigosa estrada, sen raia pintada no medio, DP-0205
Mañá, A VÉSPERA do #SanMartiño en Teo!
Ás nove, concerto de @osdabaixo e despois... arre, polbo e festa!
Inscribirse para o concerto neste enlace: https://t.co/WeFhPu3fH6
Este sábado 6, xa hai festa na carballeira de Francos, en Calo, á beira do km 72 da N-550, co gallo do #SanMartiño2021
20:30 Arre, San Martiño 2021!
21:00 Concerto de #Pauliña Inscribirse previamente en https://t.co/KEfU4Mqs21
Haberá polbeiras!
Info: https://t.co/6iVpnP2QoC
Aí vén o SAN MARTIÑO! Este ano si que temos feira na carballeira de Francos o día 11 e algo máis, que falta fai! ;-)
Info: https://t.co/L1S4VUtyAj
Foto: Imaxe oficial da feira do San Martiño de Francos, desde 2017, obra de Quintana Martelo, veciño de Teo
Este ano, o @concellodeteo estrea A FEIRIÑA do #SanMartiño dirixida á cativada. Este domingo, 7 de novembro, a partir das 11 da mañá e xa haberá polbeiras para xantar na carballeira de Francos (Calo). Á beira do km 72 da N-550 ;-) Info: https://t.co/W22tRfwdxx
En Teo achégase a feira do San Martiño, documentada desde 1557 e aínda sen declarar FIT... É a que falta destas catro feiras varias veces centenarias. Xa lle toca ou?
Foto: portada dun dos nosos calendarios (preparando xa 2022) que podedes descargar en https://t.co/YFBitFUftO
QUEREMOS QUE A FEIRA DO SAN MARTIÑO DE FRANCOS SEXA DECLARADA FESTA DE INTERESE TURÍSTICO XA!
Hoxe, 18 de outubro, celébrase a feira das San Lucas de Mondoñedo, documentada desde 1156 e declarada Festa de Galicia de Interese Turístico en 1998.
Aí atrás, o 5 de outubro, celebrouse a do San Froilán de Lugo, documentada desde 1754 e declarada Festa de Interese Turístico Nacional en 2006. En nada, o día 1 de novembro, Monterroso acolle a Feira dos Santos, documentada desde 1450 e declarada FIT en 2001.
Sabedes quen non estaba nesta concentración a prol da educación pública e contra os recortes? Exacto. O Partido que recorta e desfai os servizos públicos. #OColedeCaloNonCala
A @Xunta e @RomanLalin insisten en pechar aulas, apertar alumnado e prescindir de profesorado en Infantil e Primaria de moitos coles públicos "por decisións técnicas", disque. Non! É política! A política do PP!
Desfacer a educación pública!
Estamos absolutamente en contra da política do @ppdegalicia. Defendemos un Ensino Público de Calidade, Galego e Digno. De todas e para todas! Coas aulas que fagan falla, co seu profesorado para que a rapazada estea atendida.
Loitaremos coa @anparabadela polo #CEIPdeCalo.