🥇O equipo Gemini Polux, formado por alumnado do Instituto @iesdeteis, proclamouse gañador da fase galega do programa #CanSat 2025 da @europeanspaceagency
🎖️O seu proxecto, inspirado na misión JUICE lanzada en 2023, ten como obxectivo medir o campo magnético e a radiación UV
Sabes que os driver da nova GPU rpi5 son feitos en Galicia?⁉️ Pois na inauguración do novo local Alejandro de @igalia vén contarnos cómo se fan!
📅O sábado 28 de outubro, en 🏭Avd. Gregorio Espino 38, entresollado 3 🎆🎆🎆🎆
👉 Info en https://t.co/S6yUT9wAUF @amtega
Moitos parabéns ao magnífico grupo de Tecnoloxía de 4ºESO deste curso, que acadou nas I Olimpíadas de Teleco o 1º Premio “mellor proposta técnica” na fase galega, e o premio ao proxecto “mellor aliñado cos ODS 11” na fase final. Gran traballo!
https://t.co/gwphT8VWAd
Mañá venres un equipo de tecnoloxía de 4ºESO presentará o seu proxecto "Contedores accesibles" nas I Olimpíadas de Teleco.
Moita sorte!
https://t.co/NW5zjGF1cI
Este sábado 24 virá Thais Pousada á
@aindustriosa a falar de Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde. Ela é investigadora do grupo TALIONIS do @citicresearch
e usa ferramentas de deseño 3D, electrónica… Podédesvos anotar en https://t.co/RX5CbXj3Gi
@EETelecoVigo Grazas por responder. Pero non procede dicir “valoramos moito o traballo que estades a facer” e ao mesmo tempo aceptar sen cuestionamento unha ponderación de 0,1 só porque é unha proposta da CiUG. Parécevos ben? Non tedes nada que alegar?
Se hai unha materia no bacharelato que orienta directamente cara ás enxeñarías é "Tecnoloxía e Enxeñaría", antes "Tecnoloxía Industrial". Que non pondere na ABAU para as enxeñarías ou que o faga cun triste 0,1 é un desprezo da universidade ao traballo que facemos en secundaria.
Un gustazo estar de novo nas Xornadas de Tecnoloxía que organiza @APETEGA
Estou esgotada destes 2 días intensos, pero pagou moito a pena aprender esas píldoras que animan a seguir aprendendo máis. Agardo que a miña contribución no obradoiro que dei sirva tamén a outro proferorado
Este é SetiSAT, o proxecto feito por un equipo do instituto Escolas Proval de Nigran para o certame @CanSatSP
Tras acadar hoxe o primeiro posto co premio #MellorCanSatGalicia2023, representarán a España na fase nacional
Parabéns!
ℹ️ https://t.co/Zo0cOzexZc
Hoxe tivemos no IES ao noso ex alumno @_raulnovoa falando de fake news e desinformación. Un pracer que repetiremos en vindeiros cursos. E unha obriga para o sistema educativo falar da importancia do xornalismo.
@APETEGA