Fala Iago Pereira, candidato á alcaldía de Baiona. Escenifica a ausencia de voz propia, houbo no Congreso 23 mulleres e homes galegos que non defenderon os intereses da Galiza. #AgoraGaliza
Hoxe presentamos a nosa candidatura ás Municipais. Imos #coasideasclaras e coa ilusión que nos da o crecente apoio recibido pola veciñanza. Non nos poñemos cancelas.
O futuro de Baiona será feminista ou non será. Hoxe máis que nunca precisamos moitos máis #8M, porque hai moito treito que percorrer, moitas conquistas por acadar.
Ao presentar declaración en defensa da pesca artesanal mencionei iniciativas de @anamirandapaz na Eurocámara neste eido. A teniente de Alcalde dixo que a Conselleira de Pesca recoñecéulle que en Europa non hai quen defenda a pesca galega. Errou, hai unha persoa que si o fai.
Sete concelleiros do Partido Popular de dezasete no Pleno Municipal de aprobación dos orzamentos. Comezaron a lexislatura con maioría. Eis o seu epitafio.