Deixounos Fátima Rodríguez Ruibal, boa e xenerosa, profesora e feiticeira que sementaba o afecto pola cultura, a lingua, o coñecemento. Foi coguionista e actriz de 'A orixe da nosa lingua guapa'. Fica na nosa memoria co seu sorriso de meiga boa.
🎦https://t.co/bJgENA6YPb
O 3 de xuño de 1876 nace en Fefiñáns (Cambados) o escritor Ramón Cabanillas, denominado O Poeta da Raza e considerado como a síntese e superación do Rexurdimento. En 1910 emigrou a Cuba e alí publica os seus primeiros poemarios: No desterro e Vento mareiro.
❞𝑼𝒏 𝒊𝒅𝒊𝒐𝒎𝒂 𝒆́ 𝒎𝒐𝒊𝒕𝒐 𝒎𝒂́𝒊𝒔 𝒒𝒖𝒆 𝒖𝒏 𝒊𝒅𝒊𝒐𝒎𝒂... 𝑬́ 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒇𝒐𝒓𝒎𝒂 𝒅𝒆 𝒏𝒂𝒓𝒓𝒂𝒓 𝒐 𝒖𝒏𝒊𝒗𝒆𝒓𝒔𝒐❞ - Begoña Caamaño
A nosa lingua merece unha celebración hoxe… E compromiso o resto do ano! 💙💪
#BegoñaCaamaño#DíadasLetrasGalegas
🚨 𝗦𝗢𝗥𝗧𝗘𝗢❗ En Deleite perdimos a cabeza e regalamos 💯 vaquiñas A2A2! En versión peluche, iso si 😉🐄
Queremos repartir un centenar de Deleitiñas entre a mellor comunidade do mundo, a #XenteDeleite. Preparados para adoptar unha? 🐮
Participa cun RT e seguíndonos! ✨
♀️ Feminismo é revolución. Non falamos só de igualdade: falamos de transformar o mundo.
Un mundo con terra viva,
con pobos libres,
con vidas dignas para todas.
✊ O feminismo é revolución.
Desde o asociacionismo cultural co #8M#FeminismoÉRevolución mañá ás 18h no Obelisco.