🏆 Deixámosvos tamén un fragmento do discurso de recibimento do VII Xela Arias por Gabriel Álvarez.
🤝 No seu discurso, Gabriel quixo lembrar os referentes na súa vida que o motivaron a ser tradutor de xaponés e a utilizar o galego no seu día a día.
📣 Convidámosvos ao acto público de entrega do VII Premio Xela Arias!
📌 14 de decembro ás 12:00 no auditorio do Museo das Peregrinacións.
🎸 Contaremos coa actuación musical de @FreakGzm.
Reservade a data!
🏆🏆
🏆 Coñeces todas as gañadoras do #PremioXelaArias?
👉 Entidades, empresas ou persoas que defenden ou divulgan a tradución e a interpretación no mercado galego e en lingua galega.
📝 Aberto o prazo de recepción de candidaturas!
🥳 Queremos dar os parabéns a todas as tradutoras finalistas dos #XIIPremiosATRAE.
👏 E en especial ás profesionais finalistas das categorías en galego, onde as nosas socias @mariasuareztrad, @sirmagda, Manuel Arca e Ana M. Fernández poden saír galardoadas.
Até o 26 de outubro!
📢 Sabías que o período de recepción de candidaturas para o VII Premio Xela Arias está aberto?
📝 Bule e envíanos as túas propostas!
#PremioXelaArias#TraduciónEnGalego
📸 Imaxe da merenda-conversa onde as nosas sociais analizaron e debateron sobre a actualidade do sector audiovisual en galego para trazarmos a nosa folla de ruta neste eido.
Es tradutora audiovisual? Asóciate!
#AudiovisualEnGalego#QuenTraduce#QuenSubtitula
Dentro da Semana internacional das linguas, as literaturas e a tradución, esta mañá tivemos a sorte de asistir ao obradoiro de @palomabcr sobre Xbench na @FFT_Uvigo
Neste meu primeiro Día Internacional da Tradución como presidenta da @agpti, véxome na obriga de pedirvos, tradutoras que traballades dende ou cara ao galego, ou tradutoras que vivides na Galiza, ou estudantes e tituladas que queredes achegarvos á profesión, que vos ASOCIEDES.
Hoxe, na Semana internacional das linguas, a literatura e a tradución:
-obradoiro de Xbench con Paloma Barrera, na FFT.
-Coloquio sobre a estandarización das linguas minorizadas, na Casa galega da cultura.
📢 As tradutoras damos a cara!
🤝 Vémonos mañá en Vigo no noso acto aberto ao público para debatermos sobre como afecta ao noso sector o auxe das novas ferramentas de tradución automática.
Comeza a Semana das linguas, as literaturas e a tradución, impulsada pola @FFT_Uvigo para celebrar o Día Internacional das Linguas de Sinais (23), o Día Europeo das Linguas (26) e o Día Internacional da Tradución (30), cun programa 🔝 no que participan varias socias da AGPTI!👇👀
O martes 1 de outubro (11 h, FFT) a nosa vogal de Formación, @palomabcr, impartirá un obradoiro sobre control de calidade de traducións con XBench 👩🏻💻
E o mércores 2 de outubro (12 h, FFT) Patricia Buxán coordina unha mesa redonda sobre a cadea de subministración do libro 📚
Ante la supuesta escasez de traductores, recordamos que todas las asociaciones tenemos repertorios para encontrar colaboradores y talento.
Para vuestras traducciones audiovisuales nunca os van a faltar manos aquí: https://t.co/4pp2QvfrTl
⚠️ Mesmo día, mesma hora, distinto lugar (pero a 150 metros), así que non hai excusas!
O venres que vén vémonos as caras neste acto que promete moitas risas! 💪🦿
[Acto] Intelixencia vs. Artificial – As tradutoras damos a cara 👩🦱🤜🤛🤖
📝 Convocámosvos o vindeiro 27 de setembro ás 19:00 horas na Asociación Veciñal e Cultural de Vigo
para celebrarmos o #DíaInternacionalDaTradución.
⚠️ Nova localización ⚠️
Contamos convosco!
📢
🗣️ A nosa anterior presidenta e agora deputada polo @obloque, @IriaTaibo, vén de demandar no Parlamento Galego a convocatoria de exames para a habilitación de tradutoras e intérpretes xuradas e a habilitación directa para graduadas en Tradución e Interpretación.
O martes 1 de outubro volvo á @FFT_Uvigo! Darei un obradoiro sobre control de calidade de traducións con @xbenchdotnet, como parte da Semana das linguas, das literaturas e da tradución (podedes ver aquí o programa de actividades: https://t.co/6yYrYOw5bB).